UN SERVIZO DESDE A ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ARQUITECTURA DA CORUÑA PARA A ASISTENCIA Á CIDADANÍA NA MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE DOS SEUS FOGARES EN TEMPOS DE CONFINAMENTO

Obxectivo

Hoxe por hoxe só hai un dispositivo eficaz para deter o COVID-19: a túa casa. O confinamento sorprendeunos dentro. E así a casa, converteuse para todos e todas no mundo enteiro. É probable que a estancia prolongada na casa teña revelado disfuncionalidades que igual non sabes como resolver. Ou apareceron novas necesidades que non imaxinabas.

Nós podémoste axudar!