Crise da habitabilidade | Xosé Lois Martínez

A crise sanitaria actual é tamén
-a CRISE DUN XEITO DE CONSTRUIR AS CIDADES
-a CRISE DUN XEITO DE PROXECTAR AS VIVENDAS

entendidas as mais das veces como espacio destinado á recuperacion da forza de traballo dos seus usuarios para millor eficiencia da produccion e do consumo de masas. Os espacios, reducidos ao minimo “funcional biolóxico” responden aos parámetros dun momento dramático da Europa de entreguerras e da 2ª postguerra mundial, nunha situacion de URXENCIA de xestion dunhas catástrofes históricas. O sector inmobiliario e os responsables políticos e técnicos (as mais das veces estreitamente relacionados) convertiron a “norma excepcional” na “norma habitual”.

Haberá que preguntarse si as vivendas, as mazás de bloques de vivendas entremedianerias dando a minusculos patios en base aos que se construiron barrios e tecidos urbanos patolóxicos desde os anos 1960, son o habitat no que desearíamos enfrentarnos á próxima pandemia.

A Escola de Arquitectura da Coruña como ÚNICO ESPACIO DE INVESTIGACION EN GALICIA financiado con FONDOS PÚBLICOS , destinado a estas cuestions propias da Disciplina TÉN A PALABRA.

Xosé Lois Martínez.
Catedrático de Urbanística
ETSAC

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *