Disquisicións sobre a habitabilidade | Myriam Goluboff

A meirande parte das vivendas son, neste momento, moi pouco adecuadas para absorber a actividade de todolos membros dunha familia, A situación non se poñía en crise por ser, a nostra, unha sociedade acostumada a que a vida socia se faga fora delas.

Valorase o exceso e se comenta coma virtude e mostra de capacidade económica, a cantidade de baños nunha vivenda, hasta un por dormitorio sen pensar que ocupan una grande supercicie e estan utilizados un minimo de tempo. Esta profusión de baños é simbolo de status, pero non aporta habitabilidad.

As habitacións, que non son grandes, están, en casi toda a súa superficie, ocupadas por mobles, e deixan moy pouco espacio libre, apena para o pso e non dan marxe para vivir ese espacio doutra maneira.

A valoración excesiva do individual e o medo a qu non se mantenga a desexada limpeza, impide unha comunicacion máis libre dentro das vivendas.

Que cada neno ou nena teña unha habitación con cama, ropeiro e escritorio dentro dela, quita a posibilidade do uso do espacio para actividades en común. Unha habitación coa cama alta e os ropeiros fora dela , o compartir a habitacion para dormir polos hermanos, permitiría crea espazos libres para xogos non só neste momento de crisis, senon en tempos de vida “normal”. A libertade de apropiación do espacio permitiría estar dentro das vivendas sen a sensación de confinamento que, nas condicións normales da meirande parte da xente, resulta inevitable.

Esta sensación ven dada tamén da falta de hábito de interactuar cos outros membros da familia, polo hábito de que a relación exterios lógrase de forma individual a traverso de unha pantalla, máis unidos ó mundo virtual que ó real. Iso se exacerba por unha ensinaza que mantén os nenos ós nenos e xóvenes nas aulas estáticas nas que é pecado hablar e con actividades socializadoras que implican gastos extras.

Do inmovilismo do colexio, a pantalla en casa e botellón coma comunicación, derivan os problemas, da vivenda, da cidade e da sociedade.

Hai moitos máis bares ca lugares para que haxa actividades en común con liberdade, espazos para tocar música, para bailar, para facer traballos creativos, para leer. O problema do coronavirus pon en crise un sistema que non ten marxen físico onde desenrrolar unha vida rica en común.

Tal coma está hoxe o problema, non parece ter solución.

A solución esixe outro sentido da cidade, da vivenda, dos equipos de equipamentos, da natureza. O coronavirus é a manifestazón física, terrible, que pon en evidenza e en crise a deshumanización da sociedade actual, aquí e agora.

Myriam Goluboff Scheps
Arquitecta
Profesora xubilida de Proxectos da ETSAC

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *