É realmente estresante o traballo de ocuparse dos fillos? | Myriam Goluboff

Hai sociedades nas que o dominio da vida social dos homes é absoluto e a muller está confinada a non sair da casa e a servir os homes. É certo tamén que, en España, persistiu máis ca noutros paises o home coma suxeito social con dominio sobre todo o relacionado ca muller, incluso cos seus propios bens. Mais hoxe xa non é así.

Salvo para unha porcentaxe moi pequena de quenes traballan fora da casa, o seu traballo é estresante e agobiante. E, por outra parte, o traballo da casa e o coidado dos nenos, non teñen que resultar estresantes de forma inevitable. O que o converte en estresante é a sensación de carga que ten unha muller que o fai se o sente coma un traballo forzado.

Se os fillos son pequenos, que a muller poidera quedar na vivenda con eles, sería valioso tanto para a muller coma para os fillos. O feito de telos non é un feito mecánico, establece unha relación especial na primeira época despois do parto, pero iso esixe da sociedade que lle dei valor a ese traballo, que o considere importante.

Unha muller profesional, empresaria ou empleada debería poder lucir no seu currículum eses anos coa mesma validez que a práctica profesional, e volver a integrarse sen problema no nivel de traballo que tiña antes. Iso mesmo tendría que valer si o home é o que asume esa tarea de modo que logo acceda o mesmo estatus que se non houbera deixado o traballo.

Penso que, coma mulleres, debemos loitar por darlle a importancia social que ten esa tarea e que non influya negativamente no devenir profesional, calquera que sea a profesión da muller.

Myriam Goluboff Scheps
Arquitecta
Profesora xubilida de Proxectos da ETSAC

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *