Ensaio sen conclusión sobre o hábitat humano – Nuria Prieto

A vida é unha enfermidade terminal de transmisión sexual.

“A vida é unha enfermidade terminal de transmisión sexual”¹

Contexto: Unha escena, un sorriso e o matiz

Os paseos nocturnos parecen estar construídos de lembranzas e sensacións. O lugar, o percorrido forman parte dunha narrativa flotante e biográfica: un travelling de Fellini, con Giulietta Messina e a súa expresión de dor contida mentres a xente, ó seu carón, parece divertirse. Ela camiña, e o seu rostro reflexa un pensamento que se confirma como un sorriso final á cámara. Grave, doce, conmovedora. Apenas un detalle insignificante e natural, que desperta ó espectador fronte á realidade da súa propia consciencia. A condensación da narrativa nunha única escena final, na que a realidade detida de Cabiria se contrapón á realidade viva do seu entorno, ó igual que a realidade detida dos últimos meses volve o seu ollar cara a vida de tempos anteriores. É quizais unha nostalxia paradóxica sustentada na óptica romántica dun baleiro irreal. Análise, pausa, reflexión, autocrítica, vontade, crise, agobio, son palabras que se precipitan ante a mirada destes tempos estraños, desta paradoxa contemporánea que é a inverosimilitude convertida en tanxibilidade. Quizais só cabe engadir unha frase incomprensible, pero de profundidade conceptual cercana: “Gondoleiro, léveme a Nápoles”.2

Fig 1. Fotogramas da escena final de As Noites de Cabiria. Fellini, 1958.
Anos despois, no seu discurso de recollida do Óscar Fellini diría unha frase que lembra a esta escena: por Deus Giuletta, deixa de chorar dunha vez.

A viaxe en góndola da Venecia onírica á Nápoles doméstica, vital e visceral, acompañase dun debate denso para a arquitectura, a disciplina que nace como unha extensión máis do ser humano respondendo á súa necesidade de acubillo. E sen embargo, un debate tan sobado e rancio como aburrido. Un ruído de fondo cuxa base de argumentación é demasiado antiga, revisionista, no lugar de nomear o esencial e comprobar que isto inda segue sendo contemporáneo. Quizais non é o momento dese tipo de debate baseado na divulgación das vergoñas alleas, a autocrítica pomposa ou as miradas de moral conveniente. Quizais é o momento das palabras que constrúen  a realidade e da colectivización do pensamento estruturado en favor dos conceptos mais sinxelos da disciplina. Antes de iniciar esa viaxe en góndola, é preciso ler as palabras de Mimmo Ripetto, para tomar unha certa distancia:

Todo o que non soporte ten un nome. […] Non soporto ós tímidos, ós logorreicos, ós falsos misteriosos, ós torpes, ós miñaxoia, ós caprichosos, ós compracentes, ós tolos, ós xenios, ós heroes, ós seguros de si mesmos, ós calados, ós valentes, ós meditabundos, ós presuntuosos, ós maleducados, ós meditabundos, ós presuntuosos, ós concienciudos, ós imprevisibles, ós atentos, ós humildes, ós expertos, ós apaixonados, ós ampulosos, ós eternamente sorprendidos, ós equitativos, ós indecisos, ós herméticos, ós chistosos [?] Non soporto a nostalxia, a normalidade, a maldade, a imperiosidade, a bulimia, a amabilidade, a melancolía, a congoxa, a intelixencia e a estupidez, a atanaría, a resignación[?] Non soporto nada de ninguén. Nin sequera a min mesmo. Sobre todo a min mesmo. Só soporto unha cousa” O matiz.³

Non é a carencia de prexuízo, non se trata da mirada libre de ideas preconcibidas, senón dun centrifugado de pensamento, que permita ver o que queda. A realidade non está libre de prexuízos, senón sobrecargada de ideas, argumentos, conclusións, palabras, conceptos, sensacións e tantas outras cousas que permiten unha fluidez orgánica da relación do individuo na súa idea teórica de comprender a sociedade e o escenario que habita. A mirada xa non é dabondo, porque a realidade é cada vez máis complexa e acelerada, o seu ritmo non é o do des-prexuizo, senón o da fluidez da modernidade líquida.4 A arquitectura como disciplina clásica, enténdase por clásica pola súa omnipresencia dende a orixe do ser humano na procura de acubillo, non é autista do pulso humano, non pode selo, é unha extensión deste. Por elo a necesidade de adaptar as palabras ó ritmo deste ser humano da sociedade líquida de mentalidade normativa, que sostén a intensidade sobre o cambio e non sobre a permanencia. É un xogo de adaptación ou unha fase máis do progreso, unha realidade que leva dentro de si o ser humano.

A instantánea invariante das últimas semanas permite experimentar o paradoxo dese inverosímil tanxible a través da arquitectura igual que podería facerse dende outras ópticas. Sen embargo existe aquí o matiz. A arquitectura é a extensión natural do ser humano no seu instinto vital, acompáñalle dende que buscaba un lugar onde os depredadores non lle causasen dano ata a actualidade na que se detén fronte á sección de sofás de Ikea porque o modelo Klippan semella lixeiramente máis brando que o Knopparp. Asóciase ó instinto vital, e se enriquece co avance da cultura, o contexto e a tecnoloxía. Pero en esencia a resposta a unha suma de necesidades a que corta transversalmente todas as formas de vida do individuo: nómade, sedentaria, anacoreta, en comunidade…. e os seus matices. A naturalidade deste proceso creativo arquitectónica radica na relación indisoluble coa condición humana e as súas necesidades. Incluso a impersonalidade, a ausencia de identidade ou calquera dos procesos seriados que se poden suscitar en términos de deseño responden a unha idea humana razoada. O matiz neste punto de contraste é o paralelo ó uso do adxectivo sublime5  e é que o ser humano lembra e reacciona ó que sente e non ó que entende. E o valor da memoria e a reacción emocional son unha necesidade contemporánea que semella sepultada baixo a lousa da economía do fraude inocente.6

As últimas semanas foron un laboratorio real, lonxe de técnicas de sampleado de modernos, de teorías e debates que nunca acaban. O matiz mostrou outros discursos: o espazo público sen público, a vivenda que é colexio, e oficina, e ximnasio, e sala de reunións, e cine, e hospital e … a rúa na que ocorre uns metros máis arriba nas fachadas porque non hai xente nas beirarrúas, os escenarios da cultura e do deporte baleiros, o silencio na rúa e o ruído nas casas, mentres a natureza segue o seu ciclo. Neste “Ensaio sobre a neumonía7, a existencia precede á esencia. E a arquitectura que é existencia, mostra o a súa esencia centrifugando o reflexo desta modernidade líquida e pode, empregando a memoria e a emoción suscitar o matiz. De novo, o rostro de Giulietta Mesina e o seu sorriso.

Sobre a arquitectura como ferramenta: hábitat, crise, utopía e análise

Hai moitas palabras sobre arquitectura, sobre urbanismo, sobre deseño, e máis aínda cando estas se cruzan como nun laboratorio con outras para xerar transversalidades interesantes e marabillosas en ocasións, e noutras meras probas de texto dramático, ciencia ficción para amantes da serie B ou necesidade de atención. Proponse aquí un xogo sen pretensións de teorizar, porque como dicía TS Eliot “Para teorizar requírese unha inmensa inxenuidade; para non teorizar fai falta unha inmensa honestidade”.

Nun debuxo arquitectónico das últimas semanas hai dous elementos principais: a cidade e a vivenda. Cun un contexto instantáneo inédito (pandemia) e unha escala nunca vista (global). O contexto obrigou ó confinamento dos seres humanos na súa vivenda, a limitar a súa mobilidade no exterior á esencial, desencadeando sub-contextos e escenas novas. Unha nova definición do hábitat, unha de tantas ao longo da historia e é que agora, con esta sociedade líquida, os límites do hábitat son cada vez máis laxos, e a súa forma máis atomizada. Ese lugar que o ser humano recoñece como escenario común da sua vida ten unha formalización allea  hoxe en comparación con apenas unhas décadas atrais, agora ten un carácter mutable no espazo, unha capacidade de deconstruirse e refacerse, non está definido por unhas coordenadas estritas, non é coincidente coa palabra fogar. É o hábitat dun nómade conceptual, un chanzo máis na sección do val de Patrick Geddes.8 Os patróns tradicionais que determinaban unha comprensión intuitiva deste concepto víronse substituídos polos auto-escollidos, sexan cales sexan.

Adoitase dicir que a forma de avanzar en arquitectura realizase por crise ou por utopía, é dicir, cando o resultado do análise ten por conclusión erros a emendar (plan de reforma interior) ou un novo modelo ó que aspirar (plan xeral). O mesmo acontece no ámbito da definición dun edificio: reforma ou obra nova. E aínda que pareza unha obviedade é o punto de inflexión entre a análise crítica e a acción efectiva, polo tanto a súa lixeireza aparente agocha unha determinación movida por razoamentos, pero tamén por emocións. Unha decisión perfectamente razoada que tan só un chisco de lembranza pode derribar con unha forza imprevista. Como resume Milan Kundera na última liña de Os testamentos traizoados: Penso que a vella pereira que permanecerá diante da ventá mentres viva o fillo do campesiño.

É curioso que sexa común falar das lembranzas que habitan na memoria como expresión. Hábitat e memoria son conceptos unidos que se trasladan á análise arquitectónica mediante unha descomposición sinxela en capas: estrutura (tectónica, construción e estabilidade rigurosas), morfoloxía (forma resultante do uso, a historia, a natureza ou proxectos previos), funcionalidade (afectacións de fluxos, optimización e idoneidade con respecto ó uso) e a estética (percepción, experiencia, reflexión e xuízo dende un punto de vista xeral ou filosófico).

Ao desmontar calquera composición arquitectónica a través dos seus conceptos anteriores, o discurso analítico aparece de forma natural, é retórico. Constitúese como unha descrición precisa previa á unha conclusión estéril, para elo convén entender este como un proceso temporal non lineal, é dicir, composto de saltos temporais con vontade analítica, non narrativa. Unha perspectiva de ópticas variables coas que traballar. A situación de confinamento ademais permite unha análise máis limpa na que as afectacións doutras disciplinas se ven minimizadas.

“Un bo observador descobre sempre un matiz de súplica na mirada de quen rematara unha empresa ou unha obra, ou simplemente se dedique a unha actividade calquera. A enfermidade é universal”.9

A través do debuxo e das ferramentas dispoñibles, dunha maneira moi sinxela e simplificada, pódese realizar unha análise superficial sobre calquera área de estudo arquitectónica10. Todo é comparable11, con sensatez. E dunha forma moi rápida, obtense un retrato que mostra un informe de danos, os riscos e as expresións dun fragmento de cidade que poderá ser sometido a todo tipo de experimentos teóricos ata dar coa decisión axeitada, porque en ocasións é a de non facer nada. A mirada sobre o plano é o matiz que acompañan as decisións dun lado ó outro, coma no Ceo sobre Berlín12, cando un anxo lle di al outro: Unha muller pechou o paraugas baixo a choiva e deixou que a choiva a empapara.

Fig 2, 3, 4. Apuntes de viaje
Nuria Prieto

Un cachiño de cidade: A lúa, de acordo

Volvendo á mirada sobre a cidade, como escenario da vida humana e hábitat común, esta construción como asentamento nace como resposta ás necesidades humanas, pero tamén en base ós beneficios da comunidade como módulo constitutivo que proporciona seguridade, alimento e acubillo. Buscando un trazado dun debuxo coas ferramentas sinxelas antes descritas, pódese xogar a analizar un cachiño deste hábitat, comparando a súa realidade coa irrealidade derivada do confinamento.

Tomando como exemplo a Praza de Lugo, polo que ten de intensidade latente con respecto á escala vital da cidade, pode dar comezo o xogo a través do debuxo. Estruturalmente, a área de estudo é completamente plana e está definida por un baleiro que se compón dunha praza dura, un edificio de equipamento comercial con aparcamento subterráneo e unha fachada continua que a pecha no seu perímetro. Todos os volumes son de carácter ríxido, e todos os planos practicamente lisos salvo pola curvatura da cuberta do mercado. En términos funcionais, a área de estudo definida incorpora vivendas no seu perímetro con baixos de uso comercial, un espazo público e un edificio comercial con aparcamento anexo, todo o perímetro da praza salvo un dos seus lados maiores está limitado por rúas con tráfico. A nivel morfolóxico, a praza deriva dun plan de ensanche, que incorpora un mercado público, previamente este espazo estaría ocupado por hortas e antes diso polas ramplas dos baluartes da muralla. Isto explica a súa formulación en retícula de módulo repetido, así como a presenza de tráfico e dun equipamento comercial con espazo público anexo. A adición dun aparcamento soterrado modifica morfoloxicamente o lugar, pero non altera a súa percepción dende o exterior. A estética da praza é dunha materialidade moi dura, só aliviada pola presenza dalgunhas fachadas modernistas ou rexionalistas que ademais lle imprimen identidade. A peza do mercado substitúe a outra construción anterior diferente en linguaxe, pero semellante conceptualmente: un mercado de tipoloxía pechada.

A instantánea producida polo confinamento deixa unha visión dun espazo duro e limpo, que carente de uso, é carente de función mais alá dun baleiro urbano. Ademais, a presenza do mercado, un edificio baleiro se non se utiliza publicamente, semella ser sobrante xa que limita as vistas sobre algunhas das fachadas mais destacadas do perímetro. Trataríase por tanto dun espazo cuxa condición estrutural resulta inalterable pola súa rixidez, derivado dunha morfoloxía resultante da deriva histórica que se ten ido renovando esteticamente conforme a criterios contemporáneos transversais que inclúen outras disciplinas como a economía. A súa función, é un aspecto máis complexo: un lugar ambivalente que se sobrecarga de uso público cando abre o comercio, pero presenta un espazo público escaso en proporción a súa escala que a convirte nun mero lugar de paso cando este comercio pecha. Unha circunstancia derivada dun malentendido morfolóxico é o plantexamento do espazo público e semipúblico que representa a praza do mercado. O baleiro perenne provocado polo confinamento é provocado non só pola ausencia deste espazo como espazo público, senón que consecuencia desa falta ortográfica na escala que o desposúe da identidade propia. A peza do mercado en si, na súa posición herdada é o catalizador da praza, pero a súa opacidade en planta baixa bloquea as diagonais, rompendo a percepción de conxunto. Ao ausentarse o o uso, e con esta configuración desprendeselle a capa estética e a morfolóxica quedando unicamente unha estrutura sólida, case esculpida e sen vida. Unha sensación de baleiro distópico que produce sensación semellantes ás do escenario cinematográfico de A invasión dos ultracorpos¹³ ou A ameaza de Andrómeda¹4.

Con esta lixeira visión crítica, pódese establecer un proxecto que resolva a falibilidade dese lugar ou quizais outro que se propoña un modelo novo. A mellora do lugar enchese de cuestións. Debería abrirse o mercado seguindo un modelo máis orgánico como o de Ballaró en Palermo ou o de Florencia que se enche de cultura e música durante a noite? Debería esta peza ter outra escala, e conformar o espazo comercial doutro xeito? Debería ser un espazo máis brando a pesar da súa condición urbana como o Bryant Park de Manhattan cuxo uso ccambia cada dia? Ábrense preguntas con moitas posibles respostas. Pero é de novo a visión a que tomará a eventual decisión de intervención: A lúa de acordo. O que non aguanto son esas columnas clásicas.¹5

Fig 5. Mercado de Ballaró. Apuntes de viaje
Nuria Prieto

A casa: Behind the picture window¹6

O acubillo como necesidade do ser humano, era un aspecto case esquecido en términos literais. Xa non hai perigos que poidan axexar gravemente, ao longo dos séculos tense estruturado a construción do hábitat lonxe de depredadores perigosos, gases tóxicos, temperaturas extremas… ou se ten procurado unha adaptación ó medio empregando a tecnoloxía que proporciona a intelixencia como consecuencia da linguaxe.¹7. Pero entón apareceu unha ameaza esquecida, e a esencia do que somos volveu a súa mirada sobre a necesidade de acubillo e a unha re-definición do hábitat. O hábitat amputouse fisicamente, pero condensouse conceptualmente, trasladando toda aquela actividade, percepción ee emoción ó espazo da casa. A casa e o seu escenario: soidade, compañía , luxo, pobreza, luminosidade, escuridade, silencio, ruído, privacidade, liberdade, amplitude, angustio… substantivos ambivalentes e de definición subxectiva porque non sempre o silencio é carente de melodía ou o luxo representado exclusivamente nun sorriso de serenidade.

Si, a casa tense sometido tantas veces a análise, tense normativizado, experimentado, sistematizado, etiquetado, que resulta case imposible falar dela sen repetir discursos escoitados. Por iso, é necesaria a distancia prudente do criterio aprendido e da lectura obsesiva, que tamén diso se pode enfermar como Don Quixote. As ferramentas de análise, é dicir, a lectura en clave estrutural, morfolóxica, funcional e estética, é posible sobre aquilo tanxible, pero non é posible pulsar a tendencia diso sobre a casa, porque esta está sometida á emoción do seu habitante… porque non é unha casa, é un hábitat: outro matiz.

A casa debe de ter unha forma que non chegue de todo, que vaias descrubindo ó moverte no espazo.”¹8

O ser humano contemporáneo, ese individuo habitante da modernidade líquida. Unha definición cuxa etiqueta é a mutabilidade da etiqueta ou a ignorancia deliberada da mesma. De actitude ambivalente, ausente no compromiso mutuo, cidadán da virtualización e nómade de mentalidade normativa con énfase no cambio. Un comportamento que a cidade post-moderna do manhattanismo comezaba a albiscar a través da flexibilización e o collage como estratexias morfolóxicas fronte ós proxectos adaptativos ou posthixienistas. Pero está sobrepasado, algunhas vivendas contemporáneas non son hábitats, son posthumanas:

”Estamos programados para pensar que calquera próxima arquitectura só pode ser a solución a un problema […] os edificios aquí non son para humanos senón para cousas e máquinas. Miles de anos de historia arquitectónica e cultural son descartadas. Debates, predicións, ideoloxías ignoradas, literalmente. É post-humano. Non ten habido unha arquitectura deste vigor nos últimos 100 anos. Está baseada estritamente en códigos, algoritmos, tecnoloxías, enxeñería e función, non hai intención . O seu aburrimento é hipnótico, a sua banalidade corta a respiración.”¹9

E entón chegou unha situación propia dun conto de Bradbury, non só en situación, senón tamén no contexto, ese dunha sociedade de consumo anestesiante e opresora, que xa describía Bernard Rudofsky cando describía como era a vivenda da sociedade americana, “Rudofsky intentou introducir fragmentos de modos alternativos de vida, non como formas auténticas e de habitar, senón como compoñentes de novos instrumentos mediante os cales o recluso contemporáneo puidera trazar liñas de fuga dos ditados militares comerciais”.20 O individuo recluído nun hábitat condensado dentro da súa vivenda que agora podía mudar ou superpoñer calquera das funcións que antes realizaba outro lugar: colisión.

Estrutura constante, morfoloxía acelarada, función variable e estética, a veces sen comentarios, como resultado dun espazo sometido a est´res e que achaca, por constiturise como extensión do propio ser humano, un estado de ansiedade tanxible. A casa como espazo contenedor dun individuo de comportamento líquido para o que quizáis é mais esencial a conexión wifi que ter unha cociña dentro do seu hábitat. É unha comparativa sensacionalista, pero de tal visceralidade que asusta pensar que poida ser real. Estamos estresando a vivenda ou é a configuración da vivenda a que alimenta esta situación? Cómo é agora a domesticidade e o papel da muller baixo un patriarcado opresivo pero previsiblemente desactivable? O excesivo corsé normativo as veces pensado sen pensar serve de algo no interior da vivenda? En qué proxecto actual un arquitecto ten podido cumprir a normativa de habitabilidade, o código técnico e os desexos do cliente (incluindo o orzamento) de maneira simultánea sen a mais mínima trampa?

Fig 6 Apuntamentos de viaxe
Nuria Prieto

Entón, tras o centrifugado, a pregunta que se desprende e aquela de Are we human?21 a resposta é: pos claro que si. Porque intentemos ou non manternos con firmeza no pensamento racional, o cheiro a café acabado de facer, unha mesa chea de xente á que podes chamar familia, abrazarse na cama e pasar só 5 minutiños máis ata que sone a quinta alarma do espertador, o avó que se volveu a quedar durmido na butaca despois de comer, xoguetes polo chan, o golpe contra unha pata dunha mesa no dedo meniño do pe descalzo ou esa planta que por mais que a coidas acaba morrendo, son escenas que transmiten emoción e solo ocorren na casa. E esas si son invariantes, e non o número de habitacións ou as dimensións da cociña. Somos pintorescos, non cuadriculados.

Un contraste ruidoso fronte á rixidez normativa e económica dos grandes promotores: ausencia de diálogo social e de sensatez aberta ó dialogo. Pero non é algo novidoso: “Na práctica cotiá, os factores económicos dominantes, as nosas costumes e , cada vez en maior medida, as modas actuais determinan automaticamente a natureza da casa. As desviacións da norma aceptada vense como unha etiqueta ou , pero aínda, como un acto antisocial.”22 Pero o confinamento desviou moito esa norma aceptada, as ventás abríronse, as físicas e as virtuais. O espazo semi-privado ou semi-público, cando antes era estritamente privado é unha mostra da ambivalencia contemporánea. O ser humano e social, necesita expresarse culturalmente e é capaz de transformar o seu hábitat como sexa para que así sexa.

E no medio desta intensidade sobre a vivenda, todos os aspectos que se eliminaron na cidade, cárganse sobre ela: economía, política, socioloxía, sanidade… condénsanse na transversalidade interna dun espazo arquitectónico. As emocións intensifícanse se a expresión se limita, e en pleno avance de dereitos e liberdades para a muller fronte ó patriarcado, a vivenda é un territorio de amplo análise, porque xa non mais, nunca mais debe entenderse a muller como un ser de segunda como un hábitat reducido á vivenda, e quizais esta situación poida corroborar e argumentar mais profundamente unha tese tanxible e é a  futurible destrución dun patriarcado opresor. O espazo físico e social debe de absorber esta conquista de dereitos humanos. Noutra lectura, a herdanza viva do que somos, os maiores atópanse nunha posición de extrema fraxilidade fonte á pandemia, ó igual que enfermos cuxo sistema inmunolóxico non lles pode protexer adecuadamente, a vivenda converteuse no seu hospital particular, centro de coidados e resposta ás necesidades especiais, pero non unicamente iso, senón que se ten creado unha rede solidaria fonte á interactuación humana, na que se esqueceu un pouco do pensamento utilitario económico, en favor dunha realidade humana: a persoa. A diferencia doutros países, a condición cultural dos países do sur de Europa mostra unha reverencia educada fonte a súa herdanza vital: ”cando emprendas a tua viaxe a Ítaca // pide que el camiño sexa longo // cheo de aventuras, cheo de experiencias23, os maiores que nos coidaron, que intentaron prevernos dos erros as veces sen éxito, que che deslizaban a propina co clásico “non llo digas a teus pais”. Quizais son só dous exemplos, dúas escenas dun costumismo contemporáneo, tan real como que está gravado e compartido no recordo colectivo, por atomizada que se atope a sociedade.

Fig 7 Escena de The New Pope. Paolo Sorrentino, 2020
Unha muller coida do seu fillo cunha grave enfermidade que o fai completamente dependente.

O hábitat sopórtao todo, como o fai o ser humano, porque é unha extensión de si mesmo. Cando este morre tan só queda unha estrutura oca, e que “Probablemente deberemos ampliar o concepto de realidade ó terreo fisicamente volátil da memoria.”24. Por iso coidar o hábitat en todos os seus planos: cultural, identitario, físico, psicolóxico , social… é unha responsabilidade tan humana como alimentarse ou ser educado.

Só é un truco, sí, só un truco: o matiz25

Debaixo dun pensamento atópase outro, a razón e a emoción. Non son antagónicos senón que sensatamente dialogados, convértense nese matiz que permite soñar cos pes na terra: equilibrio. “Finxir un ambiente, sacalo da realidade para levalo lonxe, ó plano da memoria, é un gran problema. Neste plano, a metáfora , tan adorada polos arquitectos, preséntase como unha profunda estupidez e só serve a resistencia do material, a súa triste e perfumada lembranza. 26. O matiz non está lonxe, está na natureza humana e no seu comportamento orgánico.

Fig 8 Dibujo de Sverre Fehn sobre el museo dee Hamar

A norma, tanto escrita como a derivada da presión especuladora, xeran tensións coas necesidades humanas, e co diálogo sobre a sensatez no hábitat. A flexibilización en base á translación da confianza dende o plano da economía ata o da solidariedade social, semella un punto de inflexión inminente que se acaba de comprobar durante o confinamento. Confianza non debería estar asociada a factores abstractos como a prima de risco ou a deuda, senón a algo máis humano, como as estruturas sociais e a comunidade. E dende ese punto do de inflexión, o latido xerará unha onda expansiva que articularía unha nova forma de facer arquitectura, mais flexible, menos normativa: baseada no ser humano e non na economía. Non se trata de obviar a economía en favor da sociedade (e un constructo esencial), senón de colocar cada cousa no lugar que lle corresponde, lugares con argumentos sólidos tras o confinamento.

”Todo este país é moi triste; no que eu vivín outrora era menos triste.
Ó atardecer enfiaba sentada baixo a miña ventá.
La ventá daba ó mar e as veces había una illa ó lonxe…
Moitas veces non enfiaba; miraba ó mar e esquecíame de vivir. No sei se era feliz.
Xa no volverei a ser aquilo que quizais nunca fun” 2
7

Non está claro, se á xeración actual lle está permitido soñar co futuro o ter morriña dun pasado poético que nunca viviu. É este un presente fluido, no que a incertidume é o común e a estabilidade a excepción. O soño da definición dun hábitat, unha casa, é algo difuso de visualizar, inclusive a propia cidade do futuro parece imprevisible, mutante…modernamente fluida. Non hai proxecto de futuro sen adaptación la realidade, por elo a flexibilidade é necesaria, e o cuestionamiento da rixidez normativa en favor da sensatez e a naturalidade: o matiz. A arquitectura líquida, aquela que sexa adaptable, mutable, humana, que recupere cun salto temporal, se é necesario, os matices da súa esencia orixinal: o acubillo é ser extensión do propio ser humano. Entretanto, mentres se deseña ese hábitat, ese novo apartamento para o ser humano, a escena actual, a deste intre transcorre noutro apartamento: Corta y da cartas. Fin.28

Nuria Prieto
Ex-alumna da ETSAC

Notas

1. John Cleese, en una entrevista concedida a la BBC en 2019

2. Franco Califano, citado en Todos Tienen Razón de Paolo Sorrentino. Sorrentino, Paolo (2011) Todos tienen razón, Barcelona Ed: Anagrama. Trad. Xavier González Rovira

3. Prólogo de Todos tienen razón. La enumeración de las cosas que Mimmo Ripetto odia, llenan hasta cinco páginas, en las que se incluyen las acciones, los adjetivos y las sensaciones en las que se podría incluir casi cualquier ser humano. Sorrentino, Paolo (2011) Todos tienen razón, Barcelona Ed: Anagrama. Trad. Xavier González Rovira

4. Término acuñado por el filósofo y sociólogo Zygmunt Bauman. Se ttrata de una continuación de la modernidad de forma caótica, en la que los cambios son muy rápidos, el nomadismo ha vuelto a ser una práctica común y más rasgos que la convierten en fluída. Bauman sostiene que la sociedad actual presenta estas caracterísitcas, buscando definir un modelo social que implica “el fin de la era del compromiso mutuo”, donde el espacio público retrocede y se impone un individualismo que lleva a “la corrosión y la lenta desintegración del concepto de ciudadanía”. Respecto al impacto en el ser humano Bauman decía: “Hoy la mayor preocupación de nuestra vida social e individual es cómo prevenir que las cosas se queden fijas, que sean tan sólidas que no puedan cambiar en el futuro. No creemos que haya soluciones definitivas y no sólo eso: no nos gustan. Por ejemplo: la crisis que tienen muchos hombres al cumplir 40 años. Les paraliza el miedo de que las cosas ya no sean como antes. Y lo que más miedo les causa es tener una identidad aferrada a ellos. Un traje que no te puedes quitar. Estamos acostumbrados a un tiempo veloz, seguros de que las cosas no van a durar mucho, de que van a aparecer nuevas oportunidades que van a devaluar las existentes.”

5.’Lo sublime’: ese terror sosegado inducido por la contemplación del gran tamaño, la extremada antigüedad y el desmoronamiento. Edmund Burke, 1957

6. La economía del fraude inocente es un término acuñado por el economista Kenneth Galbraith, y que da título a su libro publicado en 2004. En él define el contexto de la economía contemporánea de la que dice que “el desmigajamiento general coincide con una concentración máxima del capital a nivel mundial por encima de las estructuras anteriores del Estado nación visible”, además de plantear nuevas definiciones y relaciones entre política, sociedad y economía.

7. Juego de palabras tomado del libro “Ensayo sobre la ceguera” de José Saramago en que la población se va volviendo ciega por contagio. Una extraña enfermedad que transforma la estructura social, que aisla a los contagiados, que jerarquiza de nuevo a los habitantes, y que plantea el debate sobre la necesidad de la norma. “Me ven luego soy. Si no me ven no existo” y la forma de ver, como la forma de pensar la sociedad.

8. La sección del valle Patrick Geddes. Geddes, Patrick (1915) Cities in Evolution. Open Library Internet Archive, ID: OL7136247M

9. Ciroan, Emil (1964)La Chute dans le temps, Paris: éditions Gallimard.

10. Terminología de análisis definida por Aldo Rossi en sus manuales de urbanismo.

80808011. Título de una publicación de Óscar Tusquets Blanca, en la que se propone la comparación de aspectos u objetos aparentemente imposibles, y que, con el adecuado discurso, permiten extraer conclusiones interesantes. Tusquets, Óscar (2006) Todo es comparable, Barcelona Ed: Anagrama.

12. Wenders, Wim (1987) Der Himmel über Berlin. El Cielo sobre Berlín. Prod.Anatole Dauman, Wim Wenders.

13. Crichton, Michael (1971) La amenaza de Andrómeda. The Andromeda Strain, prod: Robert wise, basado en la novela homónima.

14. Kauffman, Philip (1978) La invasión de los ultacuerpos. The invasion of the bodysnatchers, prod: Robert H Solo

15. Yorgos Seferis, 1954. Seferis, Yorgos (1954) Exi nyxtes stin Akropoli. Trad. (1991) Seis Noches en la Acrópolis. Madrid: Modadori

16. Título de la publicación de Bernard Rudofsky en clave crítica sobre el modelo de vivienda americana, publicado en 1955 y comprendido a nivel crítico como el prólogo a Architecture without architects.

17. Basado en los textos de Jose Antonio Marina, filósofo y pedagogo español. Todos ellos disponibles en su web antoniomarina.net

18. Manolo Gallego (7 dic 2016) en una entrevista concedida a Descubrir el arte. Disponible online en descubrirelarte.es

19. ”We are programmed to think that any next architecture can only be the outcome of a struggle. [?] the buildings here are not for humans but for things and machines, Thousands of years of architectural and cultural history are ditched. Debates, predictions, ideologies ignored, literally. It is post-human. There has been no Architecture of a similar vigor in the last 100 years. It is based strictly in codes, algorithms, technologies, engineering, and performance, not intention. Its boredom is hypnotic, its banality breathtaking,’’ Rem Koolhaas. AMO, Koolhaas, Rem (2020) Countryside. A report. New York: Guggenheim de, Taschen

20. Felicity D Scott (2014) Instrumentos para vivir. Bernard Rudofsky. Granada: Centro José Guerrero

21. Are we Human? Es el título de una publicación de Beatriz Colomina con Mark Wigley, en que se reflexiona sobre el diseño contemporáneo y la naturaleza humana de éste. Coloomina, Beatriz. Wigley, Mark (2016) New York: Lars Müller

22. Centro José Guerrero (2014) Bernard Rudofsky. Granada: Centro José Guerrero

23. Kavafis, Constantin (1999) Viaje a Ítaca. Antología poética. Trad. Y edición Pedro Bádenas de la Peña. Madrid: Alianza editorial

24. Kantor, Tadeusz (1984) Wielopole, Wielopole, Wydawn, Cracovia. Wielopole, wielopole (2012) El Teatro de la muerte y otros ensayos, 1944-1986. Barcela: Alba

25. Referencia al monólogo final de Jep Gambardella en La Gran Belleza. Sorrentino, Paolo (2014) La Gran Belleza

26. Radic, Smiljan (2018) Cada tanto aparece un perro que habla y otros ensayos. Barcelona: Puente Editores

27. Fernando Pessoa, Pessoa, Fernando (1913) O Marinheiro. El marinero: drama estático en un cuadro (1988); seguido de En la floresta del enajenamiento. Pre-textos, Valencia.

28. Diálogo de la escena final de la película El Apartamento (Billy Wilder, 1960) entre Jack Lemmon y Shirley McLaine.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *