A despensa no confinamento | Fernando Bruna

Veño do supermercado, dun Froiz grande, no que son coleguita do director (que por certo, tanto rechea andeis como vai ao banco cargado de diñeiro). Comenteille que me estrañaba ver a tanta pouca xente un venres ás 13 horas. Díxome que dá igual, que as vendas son uns 70% superiores ao ordinario, a xente vai menos pero sae cargadísima.

Un 70% máis é unha animalada. Intúo que non é xa porque esteamos a facer provisión para unha apocalipse, como podía ocorrer nos primeiros días. Intúo que é que tanto facer a compra como cociñar volveuse máis importante nas nosas vidas e inclúo única ocasión de gasto para buscar lecer. Así que queremos ter en casa de todo, e caprichos tamén. Poida que haxa tamén un efecto anticipación da crise, encher a lume de biqueira a despensa porque en breve será difícil pagalo.

Fernando Bruna
Profesor  en Facultade de Economía e Empresa
Universidade da Coruña. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *