Quen somos?

Somos xentes da Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña. A escola pública de Arquitectura de Galicia.

Un colectivo humano formado por profesorado estudantado, profesionais da investigación e persoal de administración e servizos que atesoura capacidades moi diversas. Neste momento poñémolas a disposición da sociedade para asistila nas melloras da habitabilidade das súas vivendas.