Boas prácticas

As casas que nos coidan

Como se ven comentando desde o comezo da emerxencia sanitaria, esta situación de illamento debería de nos servir para colocar os coidados no centro da nosa atención e as nosas demandas, agora mesmo e no futuro. Non só está a facer visible a importancia dun sistema público que garante estes coidados senón que está dando lugar á creación de redes de apoio auto-organizadas que nos axudan a pesar das restricións ás que nos vemos sometidas.

Neste sentido, desde a arquitectura é importante que revisemos até que punto os lugares que habitamos nos fan posibles estes coidados, ampliando a visión que temos das nosas vivendas como espazos domésticos/privados/individuais a outros desde os que nos seguir relacionando, dentro e fóra das súas paredes. Porque o persoal é político.

Algunhas reflexións posibles son:

– Prestar atención ás necesidades do nosa aldea, barrio ou veciñanza. Estar pendentes das persoas en situacións de vulnerabilidade, que forman parte de poboacións de risco, viven soas, poden sufrir violencias ou, simplemente, necesitan axuda. Algunhas iniciativas:

Pensa nos grupos de apoio, e tamen en redes xa existentes , asociacions como as de Santiago , tamen en Lugo, Pontevedra, Vigo, Coruña ou pensa en outras que podes atopar fácilmente .

Ser conscientes no noso consumo. Realizar as compras no comercio de proximidade no canto das grandes superficies ou tendas en liña. Re-utilizar e mercar só o necesario. Revisar se precisamos todo o que temos na casa. Moitas produtoras de primeira necesidade estanse a organizar para o reparto a domicilio, a consecuencia da prohibición da venda directa de produtos agrícolas.

Empregar todos os recursos que a nosa vivenda nos proporciona para a comunicación. Usar as xanelas (físicas ou virtuais), leiras, hortas, xardíns, terrazas, tellados… para vernos, falar, detectar necesidades, coñecer e comprender circunstancias diferentes das que nós vivimos. Tratar con agarimo os espazos comunitarios dos nosos edificios.

Pensar nas relacions, nas próximas cos teus veciños descubrindo novas posibilidades compartidas ben con aplausos, con música e incluso con proxeccions usando como soporte as casas próximas, resaltando especialmente os recursos positivos que ofrece o noso sentido do humor, e incluso explorando todas as posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxias para poder relacionarte con coñecidos ou con alleos.

Avaliar se as nosas vivendas fan posibles os coidados e autocoidados, e pensar sobre o por que da súa configuración. Como a teriamos feito nós e por que? Existe algunha xerarquía entre os espazos, usos e usuarias? Que novos usos ten que acoller e como se modificaron os existentes (novas actividades colectivas, novos rituais, novos horarios, etc.)? Como dispoñemos de espazos de lecer e privacidade, diferenciados daqueles onde traballamos? acondicionamos cada un deles para o seu uso? Existen recunchos esquecidos até o de agora?

Se nalgún destes aspectos consideras que che podemos axudar desde a escola da arquitectura, contáctanos. Si excede as nosas posibilidades enviaremos consellos sobre o tipo de profesionais cos que terias que contar.

Tamen se xa fixeches cambios nos espazos da casa, tomaches decisións e deron o seu resultado podémoste axudar a difundir a experiencia e así contribuír a mellorar a vida da xente.