Como operamos?

A situación de confinamento impídenos ir ao teu domicilio. Deberasnos mandar os documentos que consideres oportunos para que podamos asesorarte. Por exemplo fotos ou vídeos tomados co teu móbil; un croquis, un debuxo ou unha mensaxe de voz ou escrito. O que queiras.

Debes ter en conta que o confinamento impide que se poda levar a túa casa calquera cousa procedente do exterior. Así pois a transformación deberase facer cos medios e recurso que tes na casa.

A información proporcionada neste sitio ou nos seus documentos baséase en coñecementos actuais e información limitada e, polo tanto, está suxeita á situación actual, urxente e excepcional provocada pola epidemia de CoVid-19.
Estas informacións son solucións imperfectas, provisionais e excepcionais, tendo en conta a falta de solucións estándar e normalizadas, polo que só se debe usar a falta de información, protocolos, procedementos ou materiais aprobados nas normas de construción.
Esta información publícase para ampliar e acelerar a resposta dos profesionais da construción á sociedade.
Esta información non é un substituto da atención profesional. Non nos responsabilizamos da correcta implementación e resultados das solucións propostas.

CONTÁCTANOS