Preciso asistencia

Trátase dun servizo remunerado?
En absoluto.

A CLÍNICA DAS CASAS é un proxecto de aprendizaxe e servizo. Prestamos un servizo e ao tempo aprendemos. Esta é a nosa única remuneración.

Non fixen un cambio, pero pensei moito na miña casa. Podo aportar a miña reflexión?

O mellor material para mudar as condicións nas que vivimos son as ideas. Este confinamento esta sometendo ao noso hábitat a condicións de testeo inmellorables para analizar a vivenda.

A sociedade e a Escola de Arquitectura agradecerán as túas aportacións.

Envíanos o teu caso

Para poder cubrir o formulario, precisas un correo de Gmail. Se non dispós dun email desta compañía podes enviarnos un WhatsApp ao número: +34 687 13 05 61.

Nesta mensaxe de WhatsApp tes que incluir esta información:

  • Nome
  • Correo electrónico
  • Enderezo
  • Fotos
  • Problema (Descríbenos o problema do espazo, as caracterísiticas, quen e como o usades, o que necesitades, etc)
  • Solicitude (Xa tes pensado algunha solución? Cal podería ser a transformación dese espazo?)

Enviando esta mensaxe aceptas que toda a información será recollida, gardada e tratada de forma confidencial. Non se divulgarán ou comunicarán resultados que permitan identificar a persoas concretas. Os dados recollidos serán exclusivamente utilizados por A CLÍNICA DAS CASAS (pertencente a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña – Universidade da Coruña). As imaxes poden ser difundidas nunha posible publicación posterior. Agradecemos a túa colaboración.