CLÍNICA DE CASAS

UN SERVIZO DESDE A ESCOLA DE ARQUITECTURA DA CORUÑA PARA A ASISTENCIA Á CIDADANÍA NA MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE DOS SEUS FOGARES EN TEMPOS DE CONFINAMENTO

Obxectivo

Hoxe por hoxe só hai un dispositivo eficaz para deter o COVID-19: a túa casa. O confinamento sorprendeunos dentro. E así a casa, converteuse para todos e todas no mundo enteiro. É probable que a estancia prolongada na casa teña revelado disfuncionalidades que igual non sabes como resolver. Ou apareceron novas necesidades que non imaxinabas.

Nós podémoste axudar!

Quen somos?

Somos xentes da Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña. A escola pública de Arquitectura de Galicia.

Un colectivo formado por profesorado estudantado, profesionais da investigación e persoal de administración e servizos que atesoura capacidades moi diversas. Neste momento poñémolas a disposición da sociedade para asistila nas melloras da habitabilidade das súas vivendas.

A quen nos diriximos?

A todas as persoas, familias ou colectivos que precisen durante o seu confinamento dunha asistencia para mellorar  habitabilidade da súa : nova, vella, grande, pequena, de un conxunto de vivendas… A casa onde se vive a diario, outras onde se vive ocasionalmente e outras nas que se vive e tamén se traballa. Casas ocupadas por unha persoa soa ou por un grupo moi amplo, con nenos ou sen eles, con xente de moita idade ou con xentes de capacidades funcionais de todo tipo.

Como operamos?

A situación de confinamento impídenos ir ao teu domicilio. Deberasnos mandar os documentos que consideres oportunos para que podamos asesorarte. Por exemplo fotos ou vídeos tomados co teu móbil; un croquis, un debuxo ou unha mensaxe de voz ou escrito. O que queiras.

Debes ter en conta que o confinamento impide que se poda levar a túa casa calquera cousa procedente do exterior. Así pois a transformación deberase facer cos medios e recurso que tes na casa.

A información proporcionada neste sitio ou nos seus documentos baséase en coñecementos actuais e información limitada e, polo tanto, está suxeita á situación actual, urxente e excepcional provocada pola epidemia de CoVid-19.
Estas informacións son solucións imperfectas, provisionais e excepcionais, tendo en conta a falta de solucións estándar e normalizadas, polo que só se debe usar a falta de información, protocolos, procedementos ou materiais aprobados nas normas de construción.

Esta información publícase para ampliar e acelerar a resposta dos profesionais da construción á sociedade.

Esta información non é un substituto da atención profesional. Non nos responsabilizamos da correcta implementación e resultados das solucións propostas.

Se precisas asistencia contáctanos.

Que podemos facer?

Moitas veces un simple cambio da organización dos mobles é suficiente para mellorar a funcionalidade dun espazo. Noutros caso só se necesita organizar os tempos das persoas usuarios.

Tanto si tes necesidades concretas (un espazo para que xoguen os cativos, para que durma a aboa, para dar aulas por internet ou para facer actividade física) como si non sabes ben o que queres, conta connosco.  E por suposto, tamén podemos axudarte cos espazos colectivos da túa casa.

Únete a nós

Precisamos de xente voluntaria, mándanos o teu contacto e únete a equipa. Accede ó formulario.

Este proxecto nace na Escola de Arquitectura pero ábrese a participación de todo o mundo.